Dicembre 2008

DLMM GVS
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31

Tag

Ultimi post

Diffondi i contenuti

Condividi i contenuti

De.licio.us
Archivio Dicembre 2008
Pagine:

escoita a MENDEZ FERRIN

di galiza00it (16/12/2008 - 00:24)



INTIFADA
Nin mel, nin datiles, nin leite.
Apaña mozo, pedras
do granito de Derryen Cangas.
Que Renteria che poña vésperas nos ellos.
Alí esta a svastica
de David, vergoña.
Que o deserto e os seus xenetes mortos
veña no teu socorro, mozo.
Apaña pedras, fillo,
e quetaas entre a camisola e o ventre.
Leve o cantazo
cheiro nas súas micas a árabe colérico.
Non collas, mozo, rosas;
nin as escuras de Damasco nin as macias de Alexandría,
rosas sen arrecendo.
Pilla pedras, adolescente de nardo que non escancia copas
en ningunha qasida.
Érguete, sigue, bate, abáteos, insurrecto.
Expulsa Sión de Celanova,
mozo nacional-popular de Palestina escrava.
Nin mel, nin datiles, nin leite.
Dispara, mozo, pedras.
Estiven a escoitar as raiceiras
e saíume Seoane.

Berrei eu:
-Eih, dureza dos séculos;
veleiquí os ares nús.é a tarde.

Repúxome Seoane ollos abertos de nenos mortos,
estronicio de nécoras, estratos,
limpas fouces de amor e filamentos,
luras, porcos mariños e distancias.

A tristurs alagoume.

Luís  Seoane fixo a voce menos palida:

-Ao pé do Pindo, a fin, o mar: é Perez Porto.

-Acordan naus nas veas -respondinlle-
e os ollos do crepúsculo traen pétalas de sombra.

e proseguiu Seoane desde a esquina do loito:

-O ancestro está connosco, considera as súas armas,
cheira o laberinto, todo e signo nas pedra


eu púxenme:
-Con certeza
estan feitos con avós os eidos.

-Olla- insistiu Seoane-
que en cada cruceiro se proclama a donicela
e tés petos de almiñas nos pulsos;
que fechás no corazón policromado
un estuche de rostos con anguria.

-É Perez Porto, dixen.

Virouse enton Seoane
asubíodo vento na area de Carnota.
Cáseque nen sequera
falou estralos ou lumes ou luzadas,
nen tremecer de pulsos proletarios
no dominar metálico das cousas.

Cando descía o sol
polas bandas de outrén da tarde aceda
era de viño o mar, e de Seoane.

Estaba Perez Porto.

Vota questo post